06/09/2009

CUARTO TEMA


NORMAS ESTATAIS E DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

O esquema que segue, indícanos a orde do Ordenamento Xurídico Estatal:

  1. Constitución Española; é a norma suprema, ponto de referenza, será a primeira norma a cal acodiremos para solventar as eivas xurídicas, e coñecer os nosos dereitos e deberes fundamentais.

  1. Lei; é a norma que desenrola o exercizo dos dereitos que nos correponden.

  1. Regulamentos ou Reais Decretos; complementa ás Leis.

  1. Convénio Colectivo; Acordo entre en Empresa e Representantes Legais dos Traballares, mellora o establecido por Lei ou Regulamento.

  1. Usos e Costumes; é a tradición, son feitos que non atopamos tipificados na normativa, pero que a miudo se fan na empresa.

  1. Principios Xerais do Dereito; son as normas de procedemento próprias do persoal encargado da interpretación e aplicación da normativa(xuíces).

  1. Xurisprudencia; é unha figura xurídica que serve para sentar precedente, nos casos nos que a normativa non estea clara, correspóndelle aos Letrados solventar as dúbidas que vaian xurdindo por mor da lexislación ambígua. As persoas interesadas terán que interpor reclamacións perante a os Xulgados ou Tribunais do Social, e @s Xuíces terán a obriga de contestar e resolver, e cando estas resolucións se posicionen nun mesmo senso é cando se senta xurisprudencia.








  1. A Constitución Española (CE)

No que se refire ao eido laboral a constitución lexisla nos artigos seguintes:

  • Título Preliminar:

Artigo 7:

Os sindicatos de traballadores e asociacións empresariais contribúen á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lles son próprios. A súa creación e o exercizo de actividade son libres, dentro do respecto á Constitución e á Lei. A súa estrutura interna e o seu funcionamento deben de ser democráticos”.


  • Título I : dos dereitos e deberes fundamentais, capítulo segundo; dereitos e liberdades

Artigo 25.2:

O traballador terá dereito a un traballo remunerado e aos benefizos correspondentes da seguridade social, así como tamén o acceso á cultura e o desenrolo integral da súa personalidade”.

Destacar que todos os dereitos fundamentais deben de ser cumpridos no eido laboral, mais sobor todo o artigo 28.

Artigo 28

1.“Todos teñen dereito a sindicarse libremente. A Lei poderá limitar ou privar do exercizo deste dereito ás Forzas Armadas ou Institutos Armados ou aos demais corpos sometidos a disciplina militar e regulamentará as peculiaridades do seu exercizo para os funcionários públicos. A liberdade sindical comprende o dereito a fundar sindicatos e afiliarse ao da súa eleizón, así como e a formar organizacións sindicais internacionais ou afiliarse ás mesmas. Ninguén poderá ser obrigado afiliarse a un sindicato”

2 .”Recoñécese o dereito á folga d@s traballador@s para a defensa dos seus intereses. A Lei regule o exercizo deste dereito establelcerá (aínda non hai Lei) as garantias precisas para asegurares o mantemento dos servizos esenciais da comunidade(servizos mínimos).

Artigo 35

1. “Temos o dereito ao traballo e o deber de traballar, á libre eleizón da profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e, a unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e ás da súa família(S.M.I), sen que poida facerse discriminación por razón de sexo”.

2. “A Lei regulamentará un estatuto dos traballadores, que será a norma específica do Traballo”.

Artigo 37

1. “A Lei garantirá o dereito á negociación colectiva laboral entre os representantes dos traballador@s e empresári@s, convénio que adquirirá forza vencellante”.

2. “Recoñécese o dereito dos traballador@s e empresári@s a adoptar medidas de conflito colectivo. A Lei que regulamente iste dereito incluirá garantías precisas para aseguraren os servizos esenciais.”



  • Título I: Capítulo terceiro; dos principios reitores da política social económica.

Artigo 40

1.“Os poderes públicos farán unha política orientada no pleno emprego”.

2. “Os poderes públicos fomentarán unha política de formación e readaptación de profesionais; tamén velarán pola reguranza e saúde no traballo e garantirán o descanso preciso, limitando a xornada labroal, vacacións.. ”

Artigo 42

O Estado velará polos dereitos económicos e sociais dos traballadores españois no estranxeiro e orientará a súa política cara o seu retorno.”

Artigo 50

Os poderes públicos garantirán a medio de pensións axeitadas e actualizadas, a suficiencia económica aos cidadáns durante a terceira idade. Promoverán o seu benestar a medio dun sistema de servizos sociais”.


2. A Lei.

  • A Lei Orgánica regulamenta os dereito fundamentais e polo tanto ten que aprobarse con maioría cualificada. Verbigratia: a Lei Orgánica de Liberdade Sindical(LOLS), Lei Orgánica de Estranxeiría(LOE) ou a Lei Orgánica Xerla Penitenciária(LOP).

  • A Lei Ordinária: que son aquelas que regulamentan unha materia calquera e precisan maioría simple. Por exemplo, temos a Lei de Prevención de Riscos Laborais.


3. O Regulamento.

  • Decreto-Lei: que son aquelas que lexislan unha materia que é preciso regulamentar con extrema urxencia, con normas provisórias. Por exemplo; o Caso Rumasa de febreiro do 1983 polo que se levou a cabo o alleamento da empresa por mor de adebedar á Seguridade Social 350.000 millones de pesetas ou o Decretazo marzo do 2001, polo que se avantaba cara unha precarización do mercado laboral.

  • Decreto-Lexislativo: que son aqueles que dita o governo en cumprimento dunha Lei Delegante. Por exemplo temo o Estatuto d@s Traballador@s.

  • Regulamentos: son normas que manan do governo e podémolos atopar de dous tipos:

    • Decreto: cando o regulamento provén do Consello de Ministros.

    • Orde Ministerial: cando soamentes provén dun único Ministerio.

As dúas funcións básicas dos Regulamentos son:

  • Os regulamentos serven para desenrolar artigos ou matérias específicas do Decreto Lexislativo. Por exemplo: o artigo 15.9 do ET

Autorízase ao governo para desenrolar regulamentariamente o previsto neste artigo” Duración do contrato.

  • Ou simplesmente que non resposten ao mandato, é dicer, que actúen de xeito independente.

O Regulamento sempre está subordinado á Lei nunca pode estabelecer condicións diferentes e, podemos atopar a grande maioría dos regulamentos nas matérias de Dereito Colectivo: dereito de liberdade sindical, dereito de negociación colectiva, dereito a adoitar medidas de conflitos colectivos.

    • Art. 17.3 ET _ Non discriminación nas relacións laborais; Dáselle ao governo a faculdade de poderes lexislar en materia de subvencións e desgravacións.

    • Art. 6.2 ET _ Traballo de Menores; dáselle faculdade ao Ministerio de Traballo para estabelecer os traballos nocivos.

    • Art. 27.1ET _Salário Mínimo Interprofesional; cédeselle ao governo central a faculdade de fixar un SMI tendo en conta o IPC e o PIB.

    • Art. 34.1 ET _Xornada Laboral, o governo fixa a xornada máxima que será de 40h/semanais de cómputo anual.

    • Art. 35.2 ET_Número de Horas Extraordinárias; o governo fixa as horas extras que se poden facer como máximo: 80h/ano.

Isto todo, ven dado ou pode ser dado por regulamentos xa que son materias que varían cada ano.

O governo pode ofreceres unha regulacion xerla, parat odos os traballo, mais tamén pode restrinxi-lo a un seitor determiñado e para elo precisa:

- Non teña convénio colectivo.

- Que non haxa posibilidade de acollerse a algún outro convénio lindeiro.

- E falar cos sindicatos e asociacións empresariais maioritárias.

Xa para rematar, non só o congreso d@s deputad@s pode sen lexislar ista matérias senón que tamén o parlamento estatal con excepcións do art.148 e 149 da CE.

Non poderán as CCAA ditar normas de carácter laboral con excepción de Servizos Sociais, Formación Profesionais, Política de Emprego”.



2 comentários:

  1. Valiosisima informaçom a que aquí nos prestas! Debemos formar-nos para poder autogestionar-nos pois é certo aquelo que de que só com o conhecemento seremos livres - aínda que só livres de pensamento e o pensamento antecede a acçom que algum dia nos fará livres ou os fara ós que venham detrás-.

    Eu gostaria de plantejar um debate sobre a regulaçom do dereito a sindicar-se, ou a protecçom, como dereito fundamental, da liberdade sindical. Como sabemos os dereitos sindicais estám reconhecidos na CE como dereitos fundamentais e como tales ó ser constitucionais estes dereitos tenhem umha especial protecçom, umha máis bem sobreprotecçom que muitos outros dereitos do ordenamento jurídico laboral. É palpavél por ejemplo que no caso dum despido improcendente (artigo 56 ET.) se este afecta a um repressentante dos trabalhadores este pode elixir el entre readmissom e indemnizaçom, ó contrario do que passa com os demáis trabalhadores. Hoje em día umha declaraçom de despido improcendete rara vez a sucede umha readmissom, pois os empresários com os trabalhadores nom repressentantes depositam a indemnizaçom e acabou-se -nos casos claro está onde a antiguidade nom é moi grande- .
    Bem, para nom ir-me polas ramas lanço já a pergunta ou ideia a devate:

    - com está especial protecçom da liberdade sindical e dos repressentantes dos trabalhadores, no seu momento necessarias, com o tempo nom deu lugar ó que hoje conhecemos como liberados que aproveitam as horas sindicais para o seu disfrute personal e nom para fazer sindicalismo, para luitar e fazer coussas pola clase a que repressentam? Sendo necessária essa especial protecçom dos repressentantes dos trabalhadores nom sería também necessaria umha regulamentaçom forte que ademáis de conceder dereitos obliga-se com deberes ós representantes dos trabalhadores ( deberes implicitos, própios e irrenunciavéis do cargo) para evitar um mal uso como ocorre de jeito generalizado na actualidae em todas as empressas dos dereitos de sindicaçom? Que procedemento e medidas havería que seguir para implantar esses deberes necessários para evitar que a classe parásita liberada siga subsistindo a conta dos explorados trabalhadores?

    P.D. poderiamos qualquer dos dous realizar um artigo sobre isto e colga-lo no blog principal com links ó artigo este de formaçom assi a gente vería-o máis e poderia relacionar teoría e crítica da teória. Como diplomado que já es creio que deverias ser ti quem o fige-se :D

    ResponderExcluir
  2. Pois si, abofé que é moi interesante o tema que prantexas.
    Hai tempo atrás, cando me arriscara a publicar un artigo sobre o sistema de representación sindical, barallara a posibilidade de mergullarme nese tema do dereitos dos representantes, e na ausencia de obrigas.... pero vino claro, esa ausencia, é precisamente, para promocionar a vicio do sistema de representación unitario, que non é outro que a xente, simplemente se afilie, non para deferder o xusto, senón para poder gozar de descansos "extras" e posuír esa especial protección.
    Chego a pensar, que para que isto funcione,i evitar o mamoneo, sería mellor que funcionase na clandestinidade.

    ResponderExcluir

Seguidores