25/07/2009

SEGUNDO TEMA


O TRABALLO OBXECTO DE CONTRATOS DIFERENTES AO CONTRATO DE TRABALLO.

Aínda que nestes contratos existe axenidade, liberdade e prestazón persoal dos servizos, istos contratos caracterízanse porque non existe <<dependencia>>, que era como xa dixemos con anterioridade, o requisito fundamental para determinar se un contrato é laboral ou non. Ben pois estes contratos carentes de dependecia son coñecidos coma os contratos de actividade; nos que unha parte contrata a outra durante un tempo determinado co anceio de que se lle faga unha prestazón de servizo. Por suposto unha das consecuencias destes contratos de actividade é que non existe salario, xa que o que temos na realidade é un pagamento polo servizo prestado ao remate do mesmo(distinto de remuneración que se paga por unidade de tempo traballado, por exemplo €/día ou €/mes, etc.)

A miudo atopamos estes contratos de actividade na unión de profesionais, coma por exemplo, nas asesorías nas que existes profesionais de diversas especialidades (laboral, fiscal, civil, etc.) atoparemonos cun contrato civil, ou mercantil, máis nunca con contratos laborais. Outros exemplos, poderían ser, as UTES(Unións Temporais de Empresas).

Ben pois nos caso de atorparmos perante unha eiva ou un conflito con contratos de actividade temos que acodir ao Dº Civil, Dº Mercatil, etc. Segundo corresponda, mais nunca ao Dº Laboral.


  • ARRENDAMENTOS DE SERVIZOS1

É o contrato de actividade máis semellante ao contrato de traballo, vén regulamentado no Código Civil, e defínese coma:

En el arrendamiento de obras o servicios una de las partes se obliga a ejecutar una obra o a prestar a la otra un servicio por un precio cierto.”

Isto quere dicir que; contrato un servizo a outra persoa e cando ésta remate, pagaráselle e nese mesmo intre dase por rachado o vencello de unión, sen desemprego e sen cotizacións á Seguridade Social... como moito terase dereito a unha indemnización por danos e prexuízos pero só nalgúns casos concretos.

Na actualidade este contrato de actividade está á alza , xa que cada vez existen máis Traballador@s Autónom@s, e ás veces téndese a abusar desta figura.

A dificuldade coa que nos atopamos é a de diferenciar ou, mellor dito atopar onde está a liña que nos permita distinguir cando estamos perante un contrato de traballo ou cando estamos perante un contrato de actividade. A Xurisprudencia é a que se encarga de determinar cando é un ou outro(a medio de entender se existe ou non dependencia).

Arestora a dependencia xa non é tan ríxida(teleoperadores) xa que non hai presenza continuadada do xefe ou xefa, porén procuramos a dependencia dende o ponto de vista económico, ignorando a presencia ou presión d@ empresari@.


AS CLAVES DA DIFERENCIACIÓN

  • Arrendamento de Servizos: é @ propi@ profesional @ que programa o seu traballo.

  • Contrato de Traballo:

    • Cando o servizo se presta decotío(a miudo) e non de xeito esporádico.

    • Se o traballo se ordea por directivas, circulares ou comunicacións internas que sexan detalladas e minuciosas e que excedan o que sería unha mera concreción do obxecto do contrato.

    • Que haxa un ou unha supervisora que coordene o traballo.

    • Cando o traballo se leva a cabo sen axuda dun terceiro profesional ou sen contar cunha organización profesional.


  • CONTRATOS DE EXECUCIÓNS DE OBRA1 (art. 1544 do C.C)

A principal dificuldade coa que nos atopamos é diferencialo dun arrendamento de servizos, e os criterios que usamos para elo son:

  1. O tipo de actividade que se realice, xa que o que se pacta non é unha actividade senón que é un resultado (resultado de facer).

  2. A remuneración pola execución de obra, a cal se dá ao rematar mesma, namentres que no contrato de arrendamento de servizo a retribución faise de xeito periódico en base ao traballo que se faga(unidade de obra).

  3. Asunción do risco, no caso de execución de obra o risco asúmeo a persoa que fai a obra, namentres que no contrato de servizo asúmea quen fai o servizo

A obriga principal da contratista é a execución e a entrega da obra no prazo e nas condicións convidas, e a miudo unha vez entregada a obra ten lugar o pagamento, agás que se pactara outra cousa diferente.


  • O MANDATO1

É un contrato semellante ao de servizo porque consiste en que unha persoa se compromete a prestar un servizo ou unha actividade por conta allea ou por encargo doutra.

Non è un contrato de traballo xa que non existe dependencia aínda que nos poden dar unhas indicacións ás cales podo non facerlles caso, iso si, sempre e cando o resultado sexa mellor sen facerlle caso.

É un contrato Gratuíto(non é de servizos) mais en realidade pode ter repercusión no patrimonio da mandataria(persoa que obedece).

Cando a actividade que realiza a mandataria é unha actividade contínua integrada na actividade normal dunha empresa, enténdese que hai obriga de remunerar.

A característica fundamental que nos vai permitir diferenciar o contrato de mandato do contrato de traballo é a extinción dos mesmos. Xa que no de mandato pódese extinguir porque o mandante revoca a decisión (extinción libre) con aviso previo se a extinción é pola mandataria, e sen necesidade de acudir aos procedementos xudiciais laborais.E tamén no contrato de mandato se falece a parte mandataria, os herdeiros teñen a obriga de dicirllo á parte mandante, e se ésta está de acordo ségese coa actividade e se non pois non, isto no contrato de traballo non acontece, xa que se falece remata o vencello contractual.


  • O CONTRATO DE SOCIO INDUSTRIAL1

Sociedade vén definida no Código Civil(CC) e máis en concreto no art. 1665 e dí: “A sociedade é un contrato polo cal dúas ou máis persoas obríganse a poñer en común diñeiro, bens, ou industria co anceio de obteren ganancias e distribuilas entre si”.

A diferenza entre o contrato de socio industrial e o contrato de traballo está na axenidade e na dependencia, xa que:

  1. O socio industrial traballa para si mesm@ (por conta propia) e non cobra salario xa que o que recebe é de xeito periódico un reparto dos benefizos.

  2. O socio industrial aporta ou pode aportar bens (automóbel, ordenador, etc.).

  3. O socio industrial a miudo corre co risco da actividade (xa que pode quedar sen cobrar un traballo por mor de facelo mal).

A dependencia non se dá, aínda que cómpre matizalo:

  1. O socio industrial non é dependente, mais atópase cunha prohibición de concorrencia(competencia), é dicir, impídeselle realizar a mesma actividade para outra empresa(agás consentimento expreso ou tácito). Ademais de que a sociedade pode sancionar o socio ou socia por non ter un bon rendemento.

  2. O socio industrial está obrigado a indemnizar á sociedade cando lle cause un prexuízo, por mor de que hai veces nos que non o poden botar da empresa.

En definitiva, a este contrato NON se lle aplica o Dº do Traballo.

Existe un caso específico nos que o socio pode ser ao mesmo tempo traballador ou traballadora, e sería no caso das Sociedades Laborais nas cais aplicamos o Dº do Traballo.

As Sociedades Laborais poden ser Sociedades Anónimas (S.A) ou Sociedades Limitadas(S.L), e teñen a peculiariadade de que máis da metade(arredor do 51%) do seu capital(sexa en accións nas S.A ou en participacións nas S.L) pertence aos traballadores ou traballadoras, e ademais a duración do seu contrato é por tempo indefinido.


  • AS COOPERATIVAS
As cooperativas son sociedades con personalidade xurídica diferente da d@s soci@s e formada por persoas que se asocian de xeito libre para desenrolar unha actividade empresarial. Están regulamentadas pola Lei 27/1999 do 16 de Xullo. Dentro das cooperativas temos que destacar:
  1. Cooperativas de Traballo Asociadas: que teñen por finalidade fornecer de traballo aos seus socias ou socias, traballo que pode ser a tempo parcial ou a xornada completa, traballo que se proporciona ao través da organización en común de ben e servizos.As cooperativas poden contratar traballador@s por contra allea(para levar a contabilidade por exemplo) mais dentro duns límites que consisten en que iste persoal contratado por conta allea non pode realizar máis dun 30% das horas que fan os socios e socias da cooperativa, e ademais tamén se lle permite receber unha retribución anual en conforme aos beneficios.
  2. Cooperativas en estado puro: que están compostas por socios e socias-traballadoras e entón a éstas nun pricipio non se lle aplica o Dº do Traballo, agás nalgúns casos:
Por exemplo si que se lle aplica a normativa de:
      • Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/1995 do 4 novembro e demais egulamentos complementarios.)
      • As garantías que estabelece a Lei de conciliamento de vida laboral coa vida familiar (Lei 40/2007).
En materia de Vacacións @s soci@s de máis de 18 anos e menores de 60 terán dereito a como mínimo 30 días de vacacións ao ano. Ás menores de 18 non poderán realizar traballos de noite nen traballos que sexan nocivos para a súa saúde ou formación profesional.

Como regra xeral, @ soci@ intégrase na empresa con carácter de indefinido, mais poden seren contratad@s de xeito temporal, coa limitación de que o persoal temporal non pode superar a QUINTA PARTE d@s soci@s que estean de xeito indefinido.
Unha vez que @ soci@ se integra na sociedade queda suxeit@ a un pacto de permanencia(que se inclúe no contrato de traballo) e se se incumpre terase a obriga de pagar unha indemnización, pero como máximo podemos estar obrigad@ a ficar na empresa cooperativa durante un prazo de 5 anos.

Os dereitos d@s soci@s traballador@s da cooperativa como poden ser: a xornada laboral diaria (completa ou a parcial) ou réxime de duración da xornada (8h/día,6h/día...), ou a duración das vacacións ou os descansos(diarios, semanais e anuais) ou etc, estarán indicados no Estatuto da Cooperativa, porque xa dixemos que para @s traballador@s por conta allea aplicamos o ET.


  • A PARASUBORDINACIÓN (media subordinación)

Niste parágrafo imos a falar d@s Traballador@s Autónom@s Economicamente Dependentes(TAED).

O Traballador Autónomo ou a Traballadora Autónoma traballan para si mesmos, non é dependente, mais cómpre sinalar o conceito de autónom@ económicamente dependente xa que sendo autónom@, exerce un traballo coma se de un ou unha traballadora dependente se tratara, co prexuízo de que non ten os dereitos das persoas sometidas ao contrato de traballo, xa que está a súa relación contractual está regulamentada polas normas e demais regras xurídicas esparexidas no Código Civil, Código Mercantil, etc. A miúdo con iste tipo de traballador@s estase a cometer <<fraude de lei>>, polo tema de ser dependentes economicamente da empresa e a pesares diso a empresa non @s ten coma traballador@s dependentes.

Arestora e a partiren do ano 2007 este tipo de traballador@s están rexid@s polo Estatuto do Traballo Autónomo (Lei 20/2007 do 11 de xullo do ETA).

Ist@s Traballador@s son aquel@s que desenvolven unha actividade económica ou profesional a título lucrativo e de xeito habitual, persoal, directa e predominantemente para unha persoa física ou xurídica, denominada cliente, da que depende económicamente, polo feito de recibiren dela un mínimo do 75% dos seus ingresos económicos, xa sexa por rendementos do traballo ou de actividades ecomómicas ou profesionais.

Para que a un ou unha profesional se lle aplique esta Lei debe de posuir as seguintes condicións:

  1. Non ter ao seu cargo a traballador@s por conta allea nen subcontratar a terceir@s.

  2. Non executar a súa actividade de xeito conxunto c@s traballador@s.

  3. Dispoñer de infraestrutura produtiva e materiais propios para o exercizo da actividade.

  4. Desenrolar a súa actividade baixo criterios organizativos propios (que ninguén lle governe o traballo).

  5. Percibiren unha contraprestazón económica en función da súa actividade.

Para rematar, non terán a condición de TAED, as persoas titulares de estabelecementos ou locais, comerciais ou industruais e, despachos ou oficinas abertos ao público que exerzan a profesión con outro réxime societário ou, baixo calquera outra forma xurídica admitida no dereito(avogad@, odontólog@, médic@ de clínica, menciñeir@, etc).

Segundo o Estatuto do Traballo Autónomo, a xornada laboral da actividade profesional económicamente dependente será de:

  • Terá dereito a 15 días hábiles de interrupción da súa actividade profesional anual, sen prexuízo de que se poida mellorar.

  • Terá dereito a un descanso semanal e festivos e, a ter fixada unha xornada laboral e a súa distribución semanal.

  • Sinalar que a realización da actividades por máis tempo do pactado será voluntaria e non pode exercer máis do máximo fixado no acordo(30% do tempo pactado).

  • Destacar que o horario debe de adaptase aos efeitos de poderes conciliar a vida persoal, familiar e profesional d@ traballador/a autonóm@ económicamente dependente.


A Extinción do contrato poderá ser:

    • Mutuo acordo das partes.
    • Causas válidamente pactadas no contrato, agás abuso.
    • Morte, xubilación ou invalidez d@ TAED.
    • Por Vontade da TAED fundamentada no incumprimento da outra parte(por exemplo; que non pagara o prezo parcial da obra contratada ou, que a TAED se comprometera, no contrato, a facer unha parte da obra e agora de xeito unilateral a outra parte decida que a TAED teña que facela enteira).
    • Desestimento da TAED.
    • Vontade do Cliente por causa xustificada e con preaviso, xa que se non a TAED pode esixir indemnización por danos e prexuízos.
    • Outras legalmete estabelecidas.

Cando a resolución contractual se produza pola vontade dunha das partes fundamentada no incumprimento contractual da outra, quen resolva o contrato, terá dereito a percibir a correspondente indemnización polos danos e prexuízos causados.

Cando a resolución do contrato se produza pola vontade do cliente sen causa xustificada, @ TAED terá dereito a percibir a indemnización.

Considéranse causas debidamente xustificadas de interrupción da actividade por parte d@ traballador/a, as fundadas en:

  1. Mutuo acordo

  2. A necesidade de atender responsabilidades familiares urxentes

  3. O risco a saúde

  4. A incapacidade temporal d@ TAED

  5. Forza maior.

Na actualidade estase a debater, o dereito a cobrar a prestazón por desemprego por parte d@s TAED.



1 Máis adiante colgaremos na rede faiscasolidariaformacion.blogspot.com máis información complementaria sobre istos contratos dende unha perspectiva do dereito civil.

16/07/2009

PRIMEIRO TEMA


O DEREITO DO TRABALLO E O SEU OBXECTO.

A actividade laboral interesa á disciplina do Dereito porque aporta recursos económicos de subsistencia para as persoas. O Dereito procura regulamentar as relacións entre persoas físicas e xurídicas, nas que unha presta servizos para outra. Estas relacións son imprescindíbeis para as sociedades, e cada vez adquiren maior importancia por mor do seu aumento cuantitativo o longo dos anos. O Estado ten interese en que estas relacións estean tipificadas para que no caso de que xurdan eivas poder afrontalas con garantías de chegar a solucións, e porén é polo que xurde o DEREITO DO TRABALLO.

Na actualidade podemos atopar moitas relacións entre persoas con obxecto de prestaren un servizo de traballo, mais non a todas se lles pode aplicar o Dereito do Traballo, xa que poden pertencer a outros eidos do Dereito, como son o Dereito Civil, Dereito Mercantil, etc.

O Dereito do Traballo non regulamenta todos os traballos, xa que para regulamentar un traballo debe respectar que se efectúe en condicións de Liberdade, Axenidade, Dependencia, Remuneratorio, Persoal e Necesario. Deseguido pasamos a definir istos termos:

  • Traballo Libre: quere dicer, que quen presta ese traballo faino porque así o desexa, de xeito voluntario, polo tanto sen violencia, sen intimidación, sen dolosidade(ou engaño). A liberdade dase en moitos contratos que están fóra do Dereito do Traballo por iso soamentes con coñecer esta condición non podemos afirmar que nos atopemos perante un contrato de traballo.
    É de vital importancia destacar que, se o traballo é libre non podemos comprometermos a traballar de por vida(escravitude). Folga dicir que a escravitude é moi diferente dunha relación laboral de carácter indefinido (contrato de duración indeterminada) xa que neste caso podemos rachar o vencello contractual cando así o desexemos sempre que cumpramos co requisito do preaviso(15 días cando temos unha duración superior ao ano).

  • Traballo Persoal: a persoa que asume o traballo comprométese a realizalo ela mesma e non outra.

  • Traballo Alleo: O traballo préstase para outra persoa e non por conta propia, podemos ollar a axenidade dende as diferentes perspectivas:

    • Segundo os Riscos: a persoa traballadora fica allea aos riscos da actividade empresarial(as perdas son por conta d@ empresari@).
    • Segundo os Resultados: o resultado final do traballo non pode deterninar a supresión do salario á persoa traballadora. A empresa remunera independentemente dos resultados (se se acadaron ou non os obxectivos) polo tanto salario está en principio garantido.
    • Segundo os Froitos: os froitos pertencen á empresa que os vai a vender, pola contra se a relación fose por conta propia os froitos pertencerían ao traballador/a.
    • Segundo a Titularidade da Organización: os medios de produción son posesión da empresari@ e non d@ traballador@.
    • Segundo o Mercado: @ traballador@ non se relaciona de xeito directo co consumidor, namentres que @ empresari@ si que o fai.

    • Abonda con que a condición de traballo alleo se manifeste en tan só un dos anteriores puntos, polo que non é preciso que se dea en todos.
  • Traballo Remunerado: a persoa traballadora recebe un salario para satisfacer as súas propias necesidades, e remunérase porque o patrimonio é da empresa, entón faise co anceio de compensar ao traballador/a. Mais cómpre ter conta que non todo traballo remunerado signifique que é un contrato laboral.

  • Traballo de Dependencia: é a característica máis importante xa que determina se o contrato é obxecto do Dº do Traballo ou non. Para saber se un traballador ou unha traballadora é dependente temos que ter en conta as seguintes características (e téñense que dar as tres):

    • A Organización do Traballo sométese @ empresari@, é dicir, ordear o traballo é cousa da empresari@.

    • A Verificación(comprobar e controlar as medidas adoitadas na organización) correspóndelle a empresari@.

    • O Poder Disciplinario tamén se lle atinxe @ empresari@ (avisos verbais ou escritos, sancións, despedimentos...)

Tamén cómpre sinalar que existen traballos nos que aínda dándose a depencia fican excluídos do obxecto do Dereito do Traballo, sendo éste o seu lugar ideal; mais por razóns extraxurídicas de conveniencia política o lexislador entendeu que sería mellor deixalos á marxe. O exemplo paradigmático son os Funcionarios (Sistemas Sanitarios, Educación, Administración, etc.) xa que este persoal é dependente de alguén, mais non se consideran coma tal, por mor de teren unha lexislación específica. As exclusións de traballador@s dependentes do Dº do Traballo teñen que ser por Lei (O.M., Regulamentos, Leis.) se non serían ilegais.

Os funcionarios fican excluídos do Dº do Traballo polo que se dí no artigo 1.3 do Texto Refundido do Estatuto dos Trabalador@s.

Exclúense do eido do traballo aos funcionarios públicos que se regulamentarán polo Estatuto da Función Pública.”


Os Fins que procura o Dº do Traballo son:

  • Solucionar de xeito pacífico o conflito laboral (Paz Social)

  • Satisfacer os intereses e valores sociais actuais ao través do cal o Dereito procura lexitimidade.

  • Valores Xustiza e Igoaldade “se non hai xustiza non hai igoaldade”

O DEREITO DO TRABALLO XURDE PARA MERMAR A DESIGUALDADE ENTRE A PARTE EMPRESARIAL-PATRONAL E A PARTE TRABALLADORA-OBREIRA Á HORA DE CELEBRAR O CONTRATO.

O DEREITO DO TRABALLO XURDE PARA AXUSTAR A REALIDADE DIARIA Á IGOALDADE, E FAINO INTRODUCINDO UNHA DESIGUALDADE (DISCRIMINACIÓN POSITIVA) NA LEXISLACIÓN, NA CAL SE LLE DAN VANTAXES Á PARTE MÁIS DÉBIL (TRABALLADORA) PARA POÑELA AO MESMO NÍVEL QUE Á PARTE MÁIS FORTE (EMPRESA).

Para comprender isto abonda con imaxinarse a balanza da xustiza, na parte máis pesada atopamos á Empresa que debido ao seu poder parte cunha clara vantaxe, porén temos que introducir peso na bandeixa Obreira en forma de lexislación(Estatuto e Convenios) para protexer á parte obreira e así acadar un equilibro que permita actuar e vivir en igoaldade, aínda que ésta sexa relativa.


Xustiza Social


Definición de Dº do Traballo:
“É un conxunto de normas e principios que van a regular con amaño destes, as relacións dependentes.”



Seguidores