O TRABALLO OBXECTO DE CONTRATOS DIFERENTES AO CONTRATO DE TRABALLO.
Aínda que nestes contratos existe axenidade, liberdade e prestazón persoal dos servizos, istos contratos caracterízanse porque non existe <<dependencia>>, que era como xa dixemos con anterioridade, o requisito fundamental para determinar se un contrato é laboral ou non. Ben pois estes contratos carentes de dependecia son coñecidos coma os contratos de actividade; nos que unha parte contrata a outra durante un tempo determinado co anceio de que se lle faga unha prestazón de servizo. Por suposto unha das consecuencias destes contratos de actividade é que non existe salario, xa que o que temos na realidade é un pagamento polo servizo prestado ao remate do mesmo(distinto de remuneración que se paga por unidade de tempo traballado, por exemplo €/día ou €/mes, etc.)
A miudo atopamos estes contratos de actividade na unión de profesionais, coma por exemplo, nas asesorías nas que existes profesionais de diversas especialidades (laboral, fiscal, civil, etc.) atoparemonos cun contrato civil, ou mercantil, máis nunca con contratos laborais. Outros exemplos, poderían ser, as UTES(Unións Temporais de Empresas).
Ben pois nos caso de atorparmos perante unha eiva ou un conflito con contratos de actividade temos que acodir ao Dº Civil, Dº Mercatil, etc. Segundo corresponda, mais nunca ao Dº Laboral.
ARRENDAMENTOS DE SERVIZOS1
É o contrato de actividade máis semellante ao contrato de traballo, vén regulamentado no Código Civil, e defínese coma:
“En el arrendamiento de obras o servicios una de las partes se obliga a ejecutar una obra o a prestar a la otra un servicio por un precio cierto.”
Isto quere dicir que; contrato un servizo a outra persoa e cando ésta remate, pagaráselle e nese mesmo intre dase por rachado o vencello de unión, sen desemprego e sen cotizacións á Seguridade Social... como moito terase dereito a unha indemnización por danos e prexuízos pero só nalgúns casos concretos.
Na actualidade este contrato de actividade está á alza , xa que cada vez existen máis Traballador@s Autónom@s, e ás veces téndese a abusar desta figura.
A dificuldade coa que nos atopamos é a de diferenciar ou, mellor dito atopar onde está a liña que nos permita distinguir cando estamos perante un contrato de traballo ou cando estamos perante un contrato de actividade. A Xurisprudencia é a que se encarga de determinar cando é un ou outro(a medio de entender se existe ou non dependencia).
Arestora a dependencia xa non é tan ríxida(teleoperadores) xa que non hai presenza continuadada do xefe ou xefa, porén procuramos a dependencia dende o ponto de vista económico, ignorando a presencia ou presión d@ empresari@.
AS CLAVES DA DIFERENCIACIÓN
Arrendamento de Servizos: é @ propi@ profesional @ que programa o seu traballo.
Contrato de Traballo:
Cando o servizo se presta decotío(a miudo) e non de xeito esporádico.
Se o traballo se ordea por directivas, circulares ou comunicacións internas que sexan detalladas e minuciosas e que excedan o que sería unha mera concreción do obxecto do contrato.
Que haxa un ou unha supervisora que coordene o traballo.
Cando o traballo se leva a cabo sen axuda dun terceiro profesional ou sen contar cunha organización profesional.
CONTRATOS DE EXECUCIÓNS DE OBRA1 (art. 1544 do C.C)
A principal dificuldade coa que nos atopamos é diferencialo dun arrendamento de servizos, e os criterios que usamos para elo son:
-
O tipo de actividade que se realice, xa que o que se pacta non é unha actividade senón que é un resultado (resultado de facer).
A remuneración pola execución de obra, a cal se dá ao rematar mesma, namentres que no contrato de arrendamento de servizo a retribución faise de xeito periódico en base ao traballo que se faga(unidade de obra).
Asunción do risco, no caso de execución de obra o risco asúmeo a persoa que fai a obra, namentres que no contrato de servizo asúmea quen fai o servizo
A obriga principal da contratista é a execución e a entrega da obra no prazo e nas condicións convidas, e a miudo unha vez entregada a obra ten lugar o pagamento, agás que se pactara outra cousa diferente.
O MANDATO1
É un contrato semellante ao de servizo porque consiste en que unha persoa se compromete a prestar un servizo ou unha actividade por conta allea ou por encargo doutra.
Non è un contrato de traballo xa que non existe dependencia aínda que nos poden dar unhas indicacións ás cales podo non facerlles caso, iso si, sempre e cando o resultado sexa mellor sen facerlle caso.
É un contrato Gratuíto(non é de servizos) mais en realidade pode ter repercusión no patrimonio da mandataria(persoa que obedece).
Cando a actividade que realiza a mandataria é unha actividade contínua integrada na actividade normal dunha empresa, enténdese que hai obriga de remunerar.
A característica fundamental que nos vai permitir diferenciar o contrato de mandato do contrato de traballo é a extinción dos mesmos. Xa que no de mandato pódese extinguir porque o mandante revoca a decisión (extinción libre) con aviso previo se a extinción é pola mandataria, e sen necesidade de acudir aos procedementos xudiciais laborais.E tamén no contrato de mandato se falece a parte mandataria, os herdeiros teñen a obriga de dicirllo á parte mandante, e se ésta está de acordo ségese coa actividade e se non pois non, isto no contrato de traballo non acontece, xa que se falece remata o vencello contractual.
O CONTRATO DE SOCIO INDUSTRIAL1
Sociedade vén definida no Código Civil(CC) e máis en concreto no art. 1665 e dí: “A sociedade é un contrato polo cal dúas ou máis persoas obríganse a poñer en común diñeiro, bens, ou industria co anceio de obteren ganancias e distribuilas entre si”.
A diferenza entre o contrato de socio industrial e o contrato de traballo está na axenidade e na dependencia, xa que:
O socio industrial traballa para si mesm@ (por conta propia) e non cobra salario xa que o que recebe é de xeito periódico un reparto dos benefizos.
O socio industrial aporta ou pode aportar bens (automóbel, ordenador, etc.).
- O socio industrial a miudo corre co risco da actividade (xa que pode quedar sen cobrar un traballo por mor de facelo mal).
A dependencia non se dá, aínda que cómpre matizalo:
O socio industrial non é dependente, mais atópase cunha prohibición de concorrencia(competencia), é dicir, impídeselle realizar a mesma actividade para outra empresa(agás consentimento expreso ou tácito). Ademais de que a sociedade pode sancionar o socio ou socia por non ter un bon rendemento.
- O socio industrial está obrigado a indemnizar á sociedade cando lle cause un prexuízo, por mor de que hai veces nos que non o poden botar da empresa.
En definitiva, a este contrato NON se lle aplica o Dº do Traballo.
Existe un caso específico nos que o socio pode ser ao mesmo tempo traballador ou traballadora, e sería no caso das Sociedades Laborais nas cais aplicamos o Dº do Traballo.
As Sociedades Laborais poden ser Sociedades Anónimas (S.A) ou Sociedades Limitadas(S.L), e teñen a peculiariadade de que máis da metade(arredor do 51%) do seu capital(sexa en accións nas S.A ou en participacións nas S.L) pertence aos traballadores ou traballadoras, e ademais a duración do seu contrato é por tempo indefinido.
- AS COOPERATIVAS
- Cooperativas de Traballo Asociadas: que teñen por finalidade fornecer de traballo aos seus socias ou socias, traballo que pode ser a tempo parcial ou a xornada completa, traballo que se proporciona ao través da organización en común de ben e servizos.As cooperativas poden contratar traballador@s por contra allea(para levar a contabilidade por exemplo) mais dentro duns límites que consisten en que iste persoal contratado por conta allea non pode realizar máis dun 30% das horas que fan os socios e socias da cooperativa, e ademais tamén se lle permite receber unha retribución anual en conforme aos beneficios.
- Cooperativas en estado puro: que están compostas por socios e socias-traballadoras e entón a éstas nun pricipio non se lle aplica o Dº do Traballo, agás nalgúns casos:
- Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/1995 do 4 novembro e demais egulamentos complementarios.)
- As garantías que estabelece a Lei de conciliamento de vida laboral coa vida familiar (Lei 40/2007).
Como regra xeral, @ soci@ intégrase na empresa con carácter de indefinido, mais poden seren contratad@s de xeito temporal, coa limitación de que o persoal temporal non pode superar a QUINTA PARTE d@s soci@s que estean de xeito indefinido.
Unha vez que @ soci@ se integra na sociedade queda suxeit@ a un pacto de permanencia(que se inclúe no contrato de traballo) e se se incumpre terase a obriga de pagar unha indemnización, pero como máximo podemos estar obrigad@ a ficar na empresa cooperativa durante un prazo de 5 anos.
Os dereitos d@s soci@s traballador@s da cooperativa como poden ser: a xornada laboral diaria (completa ou a parcial) ou réxime de duración da xornada (8h/día,6h/día...), ou a duración das vacacións ou os descansos(diarios, semanais e anuais) ou etc, estarán indicados no Estatuto da Cooperativa, porque xa dixemos que para @s traballador@s por conta allea aplicamos o ET.
A PARASUBORDINACIÓN (media subordinación)
Niste parágrafo imos a falar d@s Traballador@s Autónom@s Economicamente Dependentes(TAED).
O Traballador Autónomo ou a Traballadora Autónoma traballan para si mesmos, non é dependente, mais cómpre sinalar o conceito de autónom@ económicamente dependente xa que sendo autónom@, exerce un traballo coma se de un ou unha traballadora dependente se tratara, co prexuízo de que non ten os dereitos das persoas sometidas ao contrato de traballo, xa que está a súa relación contractual está regulamentada polas normas e demais regras xurídicas esparexidas no Código Civil, Código Mercantil, etc. A miúdo con iste tipo de traballador@s estase a cometer <<fraude de lei>>, polo tema de ser dependentes economicamente da empresa e a pesares diso a empresa non @s ten coma traballador@s dependentes.
Arestora e a partiren do ano 2007 este tipo de traballador@s están rexid@s polo Estatuto do Traballo Autónomo (Lei 20/2007 do 11 de xullo do ETA).
Ist@s Traballador@s son aquel@s que desenvolven unha actividade económica ou profesional a título lucrativo e de xeito habitual, persoal, directa e predominantemente para unha persoa física ou xurídica, denominada cliente, da que depende económicamente, polo feito de recibiren dela un mínimo do 75% dos seus ingresos económicos, xa sexa por rendementos do traballo ou de actividades ecomómicas ou profesionais.
Para que a un ou unha profesional se lle aplique esta Lei debe de posuir as seguintes condicións:
Non ter ao seu cargo a traballador@s por conta allea nen subcontratar a terceir@s.
Non executar a súa actividade de xeito conxunto c@s traballador@s.
Dispoñer de infraestrutura produtiva e materiais propios para o exercizo da actividade.
Desenrolar a súa actividade baixo criterios organizativos propios (que ninguén lle governe o traballo).
Percibiren unha contraprestazón económica en función da súa actividade.
Para rematar, non terán a condición de TAED, as persoas titulares de estabelecementos ou locais, comerciais ou industruais e, despachos ou oficinas abertos ao público que exerzan a profesión con outro réxime societário ou, baixo calquera outra forma xurídica admitida no dereito(avogad@, odontólog@, médic@ de clínica, menciñeir@, etc).
Segundo o Estatuto do Traballo Autónomo, a xornada laboral da actividade profesional económicamente dependente será de:
Terá dereito a 15 días hábiles de interrupción da súa actividade profesional anual, sen prexuízo de que se poida mellorar.
Terá dereito a un descanso semanal e festivos e, a ter fixada unha xornada laboral e a súa distribución semanal.
Sinalar que a realización da actividades por máis tempo do pactado será voluntaria e non pode exercer máis do máximo fixado no acordo(30% do tempo pactado).
Destacar que o horario debe de adaptase aos efeitos de poderes conciliar a vida persoal, familiar e profesional d@ traballador/a autonóm@ económicamente dependente.
A Extinción do contrato poderá ser:
- Mutuo acordo das partes.
- Causas válidamente pactadas no contrato, agás abuso.
- Morte, xubilación ou invalidez d@ TAED.
- Por Vontade da TAED fundamentada no incumprimento da outra parte(por exemplo; que non pagara o prezo parcial da obra contratada ou, que a TAED se comprometera, no contrato, a facer unha parte da obra e agora de xeito unilateral a outra parte decida que a TAED teña que facela enteira).
- Desestimento da TAED.
- Vontade do Cliente por causa xustificada e con preaviso, xa que se non a TAED pode esixir indemnización por danos e prexuízos.
- Outras legalmete estabelecidas.
Cando a resolución contractual se produza pola vontade dunha das partes fundamentada no incumprimento contractual da outra, quen resolva o contrato, terá dereito a percibir a correspondente indemnización polos danos e prexuízos causados.
Cando a resolución do contrato se produza pola vontade do cliente sen causa xustificada, @ TAED terá dereito a percibir a indemnización.
Considéranse causas debidamente xustificadas de interrupción da actividade por parte d@ traballador/a, as fundadas en:
Mutuo acordo
A necesidade de atender responsabilidades familiares urxentes
O risco a saúde
A incapacidade temporal d@ TAED
Forza maior.
Na actualidade estase a debater, o dereito a cobrar a prestazón por desemprego por parte d@s TAED.
1 Máis adiante colgaremos na rede faiscasolidariaformacion.blogspot.com máis información complementaria sobre istos contratos dende unha perspectiva do dereito civil.
Nenhum comentário:
Postar um comentário