16/07/2009

PRIMEIRO TEMA


O DEREITO DO TRABALLO E O SEU OBXECTO.

A actividade laboral interesa á disciplina do Dereito porque aporta recursos económicos de subsistencia para as persoas. O Dereito procura regulamentar as relacións entre persoas físicas e xurídicas, nas que unha presta servizos para outra. Estas relacións son imprescindíbeis para as sociedades, e cada vez adquiren maior importancia por mor do seu aumento cuantitativo o longo dos anos. O Estado ten interese en que estas relacións estean tipificadas para que no caso de que xurdan eivas poder afrontalas con garantías de chegar a solucións, e porén é polo que xurde o DEREITO DO TRABALLO.

Na actualidade podemos atopar moitas relacións entre persoas con obxecto de prestaren un servizo de traballo, mais non a todas se lles pode aplicar o Dereito do Traballo, xa que poden pertencer a outros eidos do Dereito, como son o Dereito Civil, Dereito Mercantil, etc.

O Dereito do Traballo non regulamenta todos os traballos, xa que para regulamentar un traballo debe respectar que se efectúe en condicións de Liberdade, Axenidade, Dependencia, Remuneratorio, Persoal e Necesario. Deseguido pasamos a definir istos termos:

  • Traballo Libre: quere dicer, que quen presta ese traballo faino porque así o desexa, de xeito voluntario, polo tanto sen violencia, sen intimidación, sen dolosidade(ou engaño). A liberdade dase en moitos contratos que están fóra do Dereito do Traballo por iso soamentes con coñecer esta condición non podemos afirmar que nos atopemos perante un contrato de traballo.
    É de vital importancia destacar que, se o traballo é libre non podemos comprometermos a traballar de por vida(escravitude). Folga dicir que a escravitude é moi diferente dunha relación laboral de carácter indefinido (contrato de duración indeterminada) xa que neste caso podemos rachar o vencello contractual cando así o desexemos sempre que cumpramos co requisito do preaviso(15 días cando temos unha duración superior ao ano).

  • Traballo Persoal: a persoa que asume o traballo comprométese a realizalo ela mesma e non outra.

  • Traballo Alleo: O traballo préstase para outra persoa e non por conta propia, podemos ollar a axenidade dende as diferentes perspectivas:

    • Segundo os Riscos: a persoa traballadora fica allea aos riscos da actividade empresarial(as perdas son por conta d@ empresari@).
    • Segundo os Resultados: o resultado final do traballo non pode deterninar a supresión do salario á persoa traballadora. A empresa remunera independentemente dos resultados (se se acadaron ou non os obxectivos) polo tanto salario está en principio garantido.
    • Segundo os Froitos: os froitos pertencen á empresa que os vai a vender, pola contra se a relación fose por conta propia os froitos pertencerían ao traballador/a.
    • Segundo a Titularidade da Organización: os medios de produción son posesión da empresari@ e non d@ traballador@.
    • Segundo o Mercado: @ traballador@ non se relaciona de xeito directo co consumidor, namentres que @ empresari@ si que o fai.

    • Abonda con que a condición de traballo alleo se manifeste en tan só un dos anteriores puntos, polo que non é preciso que se dea en todos.
  • Traballo Remunerado: a persoa traballadora recebe un salario para satisfacer as súas propias necesidades, e remunérase porque o patrimonio é da empresa, entón faise co anceio de compensar ao traballador/a. Mais cómpre ter conta que non todo traballo remunerado signifique que é un contrato laboral.

  • Traballo de Dependencia: é a característica máis importante xa que determina se o contrato é obxecto do Dº do Traballo ou non. Para saber se un traballador ou unha traballadora é dependente temos que ter en conta as seguintes características (e téñense que dar as tres):

    • A Organización do Traballo sométese @ empresari@, é dicir, ordear o traballo é cousa da empresari@.

    • A Verificación(comprobar e controlar as medidas adoitadas na organización) correspóndelle a empresari@.

    • O Poder Disciplinario tamén se lle atinxe @ empresari@ (avisos verbais ou escritos, sancións, despedimentos...)

Tamén cómpre sinalar que existen traballos nos que aínda dándose a depencia fican excluídos do obxecto do Dereito do Traballo, sendo éste o seu lugar ideal; mais por razóns extraxurídicas de conveniencia política o lexislador entendeu que sería mellor deixalos á marxe. O exemplo paradigmático son os Funcionarios (Sistemas Sanitarios, Educación, Administración, etc.) xa que este persoal é dependente de alguén, mais non se consideran coma tal, por mor de teren unha lexislación específica. As exclusións de traballador@s dependentes do Dº do Traballo teñen que ser por Lei (O.M., Regulamentos, Leis.) se non serían ilegais.

Os funcionarios fican excluídos do Dº do Traballo polo que se dí no artigo 1.3 do Texto Refundido do Estatuto dos Trabalador@s.

Exclúense do eido do traballo aos funcionarios públicos que se regulamentarán polo Estatuto da Función Pública.”


Os Fins que procura o Dº do Traballo son:

  • Solucionar de xeito pacífico o conflito laboral (Paz Social)

  • Satisfacer os intereses e valores sociais actuais ao través do cal o Dereito procura lexitimidade.

  • Valores Xustiza e Igoaldade “se non hai xustiza non hai igoaldade”

O DEREITO DO TRABALLO XURDE PARA MERMAR A DESIGUALDADE ENTRE A PARTE EMPRESARIAL-PATRONAL E A PARTE TRABALLADORA-OBREIRA Á HORA DE CELEBRAR O CONTRATO.

O DEREITO DO TRABALLO XURDE PARA AXUSTAR A REALIDADE DIARIA Á IGOALDADE, E FAINO INTRODUCINDO UNHA DESIGUALDADE (DISCRIMINACIÓN POSITIVA) NA LEXISLACIÓN, NA CAL SE LLE DAN VANTAXES Á PARTE MÁIS DÉBIL (TRABALLADORA) PARA POÑELA AO MESMO NÍVEL QUE Á PARTE MÁIS FORTE (EMPRESA).

Para comprender isto abonda con imaxinarse a balanza da xustiza, na parte máis pesada atopamos á Empresa que debido ao seu poder parte cunha clara vantaxe, porén temos que introducir peso na bandeixa Obreira en forma de lexislación(Estatuto e Convenios) para protexer á parte obreira e así acadar un equilibro que permita actuar e vivir en igoaldade, aínda que ésta sexa relativa.


Xustiza Social


Definición de Dº do Traballo:
“É un conxunto de normas e principios que van a regular con amaño destes, as relacións dependentes.”



Nenhum comentário:

Postar um comentário

Seguidores